Neda investirá máis de 50.000 euros nas obras de acondicionamento de catro viais

Os traballos retomáronse onte nas aldeas de Albarón e Mourela Baixa
OBRAS3

As máquinas comenzaron a traballar onte nas aldeas de Albarón e Mourela Baixa, reactivándose así os traballos na red viaria municipal interrompidos polas restriccións impostas polo estado de alarma a raíz do COVID-19. Alí o Concello de Neda procederá ao acondicionamento de catro viais moi transitados. Para iso, investirá 50.566 euros, a financiar con cargo ao POS+ Adicional da Deputación. As actuacións levaranse a cabo no camiño de baixada do vial provincial DP-5502 cara o Belelle (As Augas); camiño de As Augas ata Mourela Baixa (no lugar da Piruchela); viais de acceso a rueiros en Piruchela e subida cara Mourela, e camiño cara A Pontegrande.

As obras contemplan a limpeza de cunetas, traballos cos que se comenzaron esta semana; tarefas de rebacheo e a pavimentación dos viais, así como a instalación de canaletas para a recollida de pluviais, tamén no fronte de entrada ás vivendas, e a instalación de conducións de PVC de transporte de pluviais.

Con estas intervencións, o Concello busca dar resposta ao estado de deterioro dos viais motivado polo intenso tráfico que soportan, ofrecendo unha solución permanente no tempo, reducindo os gastos de mantemento actuais e mellorando a mobilidade nestas zonas.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.