A última hora desta tarde faleceu outra das doentes que se atopaba ingresada na UCI de CHUF afectada por coronavirus. Trátase dunha muller de 91 anos que fora hospitalizada esta semana no complexo hospitalario. Con esta, son xa 13 as vítimas mortais rexistradas pola Dirección Xeral de Saúde Pública da Xunta na área sanitaria de Ferrol dende que comezou a crise.
No día de hoxe, tamén houbo lugar para as boas novas na área sanitaria. Dous doentes que se atopaban na UCI, tanto no Marcide como no Naval saíron das unidades de coidados intensivos e foros trasladados a planta para seguir coa súa recuperación.
Discussion about this post