A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informou que, na última actualización de hoxe, o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 239, deles 80 son da área da Coruña, 16 da de Lugo, 28 da de Ourense, 26 da de Pontevedra, 46 da área de Vigo, 37 da de Santiago, e 6 da de Ferrol.
Isto supón que a de Ferrol (con 20 concellos e máis de 170.000 habitantes) continúa a ser a área con menos casos infectados das grandes cidades.
A estes seis casos habería que sumarlle o do veciño de Mugardos, un celador do hospital de Oza, en A Coruña, que contabiliza nesta área sanitaria. Dos outro seis afrectados, o Centro Hospitalario Universitario de Ferrol (CHUF) mantén ingresados a dous de eles, ambos varóns, de 35 e 41 anos e en estado estable. O resto permanecen cun illamento doméstico nos seus domicilios.
Discussion about this post