O Concello de Valdoviño mellorará o acceso e a seguridade ao vial de Ariño

Ampliarase a presente estada dotándoa de beiravías e pavimentarase para reforzala ante o constante desgaste, empregando máis de 127.000 euros
ARIÑO

A Xunta de Goberno Local de Valdoviño aprobou a adxudicación provisional das obras de mellora da accesibilidade e a seguridade peonil no acceso ao Ariño, en Pantín, á empresa SYR-AMG cun investimento total de 127.082,89 euros.

A intervención financiarase con cargo aos fondos adicionais do Plan Único -POS+2019- da Deputación provincial da Coruña, cun prazo de execución de catro meses. Con este proxecto o ente municipal pretende mellorar a seguridade do vial que dá acceso á praia de Pantín no lugar de Ariño, onde o escaso ancho da estrada actual -entre 4 e 3,20 metros- e a alta intensidade de tráfico que rexistra durante o verán, así como a densidade poboacional da zona, supoñen un perigo para os viandantes.

Ampliación da calzada cunha zona peonil

A estrada ten unha lonxitude total dalgo máis dun quilómetro e, tanto no tramo dos 100 metros finais coma nos primeiros 550 metros, carece de beiravías. O proxecto dotará á zona dun acceso peonil seguro de 1,30 metros de ancho ao longo dos 1.040 metros do vial, executado en soleira de formigón, con reforzo e regularización da calzada que será pavimentada, previo rebacheo, con aglomerado en quente de 6 cm de espesor.

Para elo será necesario o retranqueo de tres postes de alumeado público e a reconstrución das interseccións con outros camiños pavimentados. As obras completaranse coa substitución do alumeado público actual por un novo sistema de luminarias LED de 40 w, que mellorarán a eficiencia enerxética e lumínica, e o pintado das liñas, bordos e pasos do vial.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.