O coronavirus se dispara en Ferrol: de 63 a 142 positivos nun só día

Son 79 novos casos de Covid-19 que o Sergas atribúe a que se duplicaron as probas no punto fixo do Novoa Santos
urxencias (2)

Ninguén podía prever os datos que o Sergas ía confirmar hoxe sobre os casos positivos detectados no área sanitaria de Ferrol nas últimas 24 horas. O último corte realizado polo Ministerio de Sanidade arroxou un total de 142 infectados nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal o que supón 79 máis cos 63 positivos do día anterior. Do total de afectados, 96 están no seu domicilio e 46 ingresados. Destes 46, 12 están na UCI e 34 en planta.

Nestas cifras facilitadas hoxe polo Ministerio conflúen a liña de incremento «natural» de casos e o afloramento da duplicación de probas desta semana coa activación do punto fixo instalado no Novoa Santos, que, na súa maioría tradúcense en casos leves con reposo domiciliario.

Dende o SERGAS recordan que as peticións para realizar estas probas dende o coche chegan por varias vías: atención primaria, o número 900 400 116, o 061 e as urxencias. Para dar resposta a esta importante demanda, esta semana creouse un grupo de coordinación no que están traballando diversos profesionais de tódolos ámbitos (primaria e especializada) e categorías (enfermería, facultativos, e administrativos) que se ocupan de coordinar e canalizar todas estas novas probas. O Servizo Galego de Saúde explica que «este incremento exponencial dos positivos débedese, polo tanto, a diversos factores».

En Galicia o total de casos ascenden a 2.925, deles 639 son da área da Coruña, 244 da de Lugo, 415 da de Ourense, 324 da de Pontevedra, 681 da área de Vigo e 480 da de Santiago.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.