A área sanitaria de Ferrol vén presentando desde finais de abril unha descenso importante no número de contaxios diarios por coronavirus e un aumento significativo de recuperados. Actualmente, según os datos da Dirección Xeral de Saúde Pública, o número de curados contabilizados polo Sergas —435— cuadriplica ao de casos activos —108— rexistrados no día de hoxe.
Un total de 99 contaxiados por Covid-19 atópanse pasando a corentena en illamento domiciliario e só hai 6 persoas ingresadas no Arquitecto Marcide e 3 na UCI. Onte faleceu unha muller diagnosticada con coronavirus, polo que o número de vitimas mortais desta pandemia na área de Ferrol ascende agora a 33 persoas, das cales 3 morreron en centros de maiores.
Discussion about this post