O pleno do Concello de Ferrol aprobou por unanimidade unha declaración institucional de apoio ao sector naval nos estaleiros públicos da súa ría, un texto que fora presentado polo grupo municipal de Ferrol en Común, pero que finalmente decidiron facer como seu os outros tres grupos con representación no pleno, PP, PSOE e BNG.
No devandito texto reclámase “a convocatoria dunha asemblea cidadá que poida desenvolver unha acción social de concienciación e recollida de firmas para instar o Goberno á construción inmediata dun buque AOR para a Armada Española“, tal e como se comprometeron a xunta de portavoces nunha reunión cos integrantes do comité de empresa de Navantia Ferrol.
Tamén se reclama “a materialización do estaleiro 4.0., así como axilizar, con obxectividade e transparencia, na selección do persoal que formará parte do persoal de Navantia”. Por último, pídese o “instar á Navantia á redución de prazos para poder acometer canto antes a construción das fragatas F-110″, buques que serán construídos para a Armada Española e cuxa data de inicio de construción está programada para o ano 2022.
A sesión plenaria contou cunha ampla representación de traballadores de Navantia de Ferrol e de Fene.
Relacionado:
- O comité de Navantia solicitou unha entrevista co Goberno para denunciar a inactividade nos estaleiros
-
As asembleas de persoal de Navantia instan á dirección a desbloquear o proceso de incorporación
-
O comité de Navantia advirte das tráxicas consecuencias da falta de ocupación
Discussion about this post