O departamento de Benestar Social de ferrol vai ampliar en outras 4.000 horas o Servizo municipal de Atención no Fogar (SAF) de carácter extraordinario, unha prestación debida á situación de excepcionalidade que provocou a crise sanitaria pola Covid-19.
Tamén se informou do programa “Cubertos”, posto en marcha onte mesmo por Afundación en colaboración co Concello polo que se subministran 300 menús diarios, de luns a venres, a nenos da cidade que teñen beca, aos seus irmáns e a aqueles que as unidades básicas da concellería de Benestar Social estipulan beneficiarios de dito recurso.
Ademais inclúense un total de 17 menús a persoas maiores usuarios de comedores sénior en Ferrol. Trátase de veciños que se atopan nunha situación económica compleza e que xa viñan recibindo o menú no seu fogar durante os meses de confinamento. O programa alargarase ata o inicio do curso escolar, no mes de setembro. Os menús repártense de 13 a 14 horas no Edificio Social, na Casa Solidaria, no centro Carballo Calero e no centro cívico de Caranza.
Contratación de seis mulleres
Pola súa banda a concelleira de Muller e Igualdade indicou que o Concello vén de recibir a subvención de preto de 176.000 euros para a contratación de seis mulleres en situación de vulnerabilidade por un período de un ano. Serán dous técnicos, dous conserxes, un auxiliar administrativo e un peón
A concelleira deu conta tamén das actividades previstas con motivo do Día Internacional das Diversidades Sexuais, que tivo lugar o pasado domingo. O seu departamento ten programada a celebración dunha xornada para a tarde do venres 24 de xullo na antiga capela do centro cultural Torrente Ballester, na que haberá un faladoiro, unha mesa debate e unha actuación musical.
Discussion about this post