O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou que a partir deste venres os veciños dos núcleos de menos de 5.000 habitantes poderán saír das súas casas para pasear ou facer deporte sen limitación horaria. Desta forma péchase unha polémica que comezou coa imposición por parte do Goberno central das franxas horarias aos municipios de máis de 5.000 habitantes e cuxo criterio de aplicación foi criticado polo goberno galego.
Desde mañana en núcleos separados de menos de 5.000 vecinos se podrá salir sin limitación horaria, como pidió la Xunta hace días y ayer reiteré a @sanchezcastejon. Agradezco la rectificación. Igual que si el Gobierno se equivoca es mi obligación decirlo, reconozco sus aciertos
— Alberto Núñez Feijóo (@FeijooGalicia) May 7, 2020
Desta forma, o presidente Pedro Sánchez atendeu á reclamación do executivo de Feijoo ter en contar os núcleos poboacionais, como as parroquias, en lugar dos municipios. «Agradezo a rectificación», escribiu este xoves Feijóo a través da súa conta de Twitter. Esto afecta especialmente a comarcas como as de Ferrol, Eume ou Ortegal, que teñen a máis dun 40% da poboación vivendo en núcleos ou parroquias con menos de 5.000 veciños.