Os sindicatos que forman parte da Comisión Central de Emprego de Navantia na ría de Ferrol -CCOO, CIG, CSIF, MAS e UGT- acordaron esta semana trasladar unha proposta conxunta á dirección da empresa para regular as probas de acceso correspondentes ao presente ano 2020.
As centrais sindicais expresaron que o principal obxectivo destas probas debe ser “a obxectivididade”. Desde a CIG, explicaron que o acceso de operarios de Navantia fíxose históricamente con probas obxectivas en forma de exame que procuraban a igualdade de oportunidades “que a sociedade demanda nunha empresa pública”. Por iso, neste novo acordo entre representantes dos traballadores, proporán que as probas de acceso deste ano se realizan nesas condicións, “con obxectividade e transparencia”.
Sería con exame para as prazas con menos experiencia, júnior, e con exame e baremo de méritos para persoas con máis experiencia, sénior. Ademáis, os sindicatos volven reclamar se que fagan de forma presencial e volve posicionarse en contra dos exames telemáticos como os que se realizaron a pasada semana para os técnicos junior, que xerou malestar entre algunhas centrais pola “falla de garantías” que supoñía.
De feito, de cara estas próximas probas xa que está barallando a posibilidade de facelas nunha das naves do recinto feiral de Punta Arnela, actualmente en desuso. As datos aínda non estarían confirmadas, pero poderían ser a mediados do mes de xullo.
Desde a CIG demandan unidade entre as centrais sindicais para que a dirección vexa “que non van ceder na defensa da igualdade de oportunidades no acceso a Navantia”. O sindicato nacionalista considera importante que a Dirección de Navantia “aproveite este consenso sindical e que o impulse no menor tempo posible”.
Discussion about this post