Un home de 72 anos con positivo en coronavirus faleceu no Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (CHUAC). Trátase dun veciño de Cedeira que levaba dende a pasada semana ingresado na UCI do hospital coruñés. O defunto presentaba diversas patoloxías previas.
Trátase do cuarto falecido en Galicia por esta enfermidade e o primeiro veciño das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal. Antes que el, morreron un home de 45 anos na Coruña; outro de 81 en Montecelo, en Pontevedra, e unha señora de 92 en Povisa, en Vigo.
Relacionado:
Discussion about this post