A meirande parte dos realizadores que participaron na pasada edición do encontro audiovisual Chanfaina Lab presentarán as súas creacións este sábado 15 de febreiro na Casa da Cultura de San Sadurniño. Son 33 persoas de dentro e fóra do municipio que achegarán miradas propias sobre o territorio desde a óptica da historia, a ficción, o documental, o humor ou a etnografía. O acto comezará ás 18.00 horas con entrada gratuíta e estará conducido polo actor Miguel de Lira.
A largo das tres horas do maratón, proxectaranse 30 pezas de distintas duracións, nunha intensa sesión cinematográfica dividida en tres partes: De 18.30 e as 19.45 horas, logo farase un descanso dun cuarto de hora e entre as 20.00 e as 21.15 horas proxectarase a segunda remesa de pratos preparados para o Chanfaina Lab. A última parte comezará ás 21.30 horas e finalizará pasadas as dez e media da noite.
Nesta edición combínanse as miradas chegadas de fóra de San Sadurniño cun elevado número de obras feitas na casa. De feito, a metade das curtametraxes están producidas por xente da contorna. Son nomes habituais doutras edicións como o de Fran Bermúdez, Bieito Beceiro, Pablo Martínez, o trío Teh Sungirls, o cuarteto de Teño unha horta, Iago Lourido, Catalina Rodríguez, Roberto Bouza, Abel Vega ou Ángela Arnosa, aos que este ano se lle unen André Couce, Eloy Arnosa, Ana Lamas e o equipo autodenominado Narahío Media.
Canda elas e eles completan a relación outros nomes amadores e profesionais do audiovisual galego: Anxo Santomil -que presenta peza e tamén a cabeceira do evento-, Fran X. Rodríguez, Antón Rodríguez, Luis Avilés, Ana Martínez, Javier Seoane -outro dos fixos na cita-, Lucía C. Pan, Ana Moreiras, Sara Alonso, Noemí Caneiro, Noelia Uceira, Aldara Pagán, Manolo Abad e María Yáñez.
Trala estrea da Casa da Cultura todas as curtas irán subíndose de venres en venres á canle de youtube de Fálame de San Sadurniño e moitas delas tamén acudirán a distintos certames audiovisuais.
Maratón VI Chanfaina Lab -Sábado 15 de febreiro – Casa da Cultura de San Sadurniño
Programa
18.00h. Presentación e entrega de Lolas Chanfaineiras
18.30h. Parte I
- Cabeceira Chanfaina Lab 2019– Anxo Santomil
2. Limiar – Fran X. Rodríguez
3. A Casa soñada – Eloy Arnosa
4. Trae! – Fran Bermúdez
5. Aquilino das Seixas – Antón Rodríguez
6. Reparacións interdimensionais – Bieito Beceiro
7. Mbemba en Sansa – Luis Avilés
8. Con ollos de xigantes – Ana Martínez
9. A Marquesa e o Pazo – Anxo Santomil
19.45h. Descanso
20.00h. Parte II
- Curmáns– Javier Seoane
11. Monte Xurásico – Roberto Bouza
12. As cousas só son cousas – Lucía C. Pan
13. Xoel e Sancho Yoda – Pablo Martínez
14. Un ninguén máis – Ángela Arnosa
15. A casa de barro e saliva – Abel Vega
16. As aventuras de Marcelino e Clemente – Catalina Rodríguez
17. Casa Torina – Ana Moreiras
18. Cólera – Sara Alonso
19. O roubo da droja II, Camiño da vinganza – Narahío Media
20. ??? – The Sungirls
21.15h. Descanso
21.30h. Parte III
- Fabricando Soños– André Couce
22. A través do tempo – Noemi Caneiro
23. Decides que o matrimonio… Carmen Bouza, Carmen Couce, Consuelo Picos e Cruz Piñón
24. Tempo – Noelia Uceira
25. Relato vial – Noelia Uceira
26. As landras – Ana Lamas
27. Alí sentíame eterna – Aldara Pagán
28. Cando roxe o formigueiro 2.0 – Iago Lourido
29. Eva – Manolo Abad
30. Apuntamentos para un filme sobre Cantareliña – María Yáñez
Discussion about this post