Segundo día consecutivo de repunte do Covid-19 na Área de Ferrol

O total de casos diagnosticados é de 367 o que supón un incremento de once casos máis que onte
869e3619e222bf74e8dea874e904e8fd15bf387c

O área sanitaria de Ferrol volveu sufrir un repunte do número de contaxios por coronavirus nas últimas 24 horas. É o segundo día consecutivo no que aumentan os casos por enriba do que o estaban a facer dende o mes de abril, onte a contención da pandemia estaba a ser «positiva» segundo o Sergas.

Os datos proporcionados pola Dirección Xeral de Saúde indican que actualmente se diagnosticaron nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal 367 casos o que supón un crecemento neto de 11 infectados máis respecto ao martes. A boa nova e que a meirande parte de eles son positivos e non requeriron de hospitalización.

Do total de casos detectados, 339 están no domicilio e 28 ingresados nos hospitais comarcais de Ferrol, seis deles na UCI con sintomatoloxía máis grave. O total de falecidos ata o de agora é de 25, dos cales dous falceron en residencias de maiores e 23 estando hospitalizados.

 

Publicidad
Xeoparque Cabo Ortegal
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.