Un 90% dos casos activos por Covid-19 na área de Ferrol pasan a corentana na casa

Segue descendendo o número de contaxiados, que se sitúa en 118 persoas, seis menos que onte
marcidex

A área sanitaria de Ferrol segue rexistrando uns datos positivos en relación coa pandemia do Covid-19. No último parte da Dirección Xeral de Saúde Pública, o número de contaxios activos era de 118 persoas, seis menos que onte. Ademais, só 10 persoas permanencen hospitalizadas a causa do coronavirus e as UCI acollen soamente a 3 doentes cun diagnóstico máis grave.

Esto significa que case o 90% dos casos activos, un total de 105, permanecen nos seus domicilios pasando a corentena. Son xa 422 persoas as que superaron o virus nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal e recibiron a alta epidemiolóxica tras dar negativo no PCR ou pasar máis de 14 días sen sintomatoloxía.

O número de falementos na zona relacionados co Covid-19  sitúase en 32 persoas, contando as que morreron nos centros hospitalarios (29) e nas residencias de maiores (3).

En Galicia, o número de casos activos de coronavirus ascende a 2.727, deles 655 son da área da Coruña, 167 da de Lugo, 432 da de Ourense, 142 da de Pontevedra, 743 da área de Vigo e 470 da de Santiago.

Relacionadas