A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 285, deles 84 son da área da Coruña, 26 da de Lugo, 32 da de Ourense, 37 da de Pontevedra, 49 da área de Vigo, 50 da de Santiago, e 7 da de Ferrol.
A estes sete casos habería que sumarlle o do veciño de Mugardos, un celador do hospital de Oza, en A Coruña, que contabiliza nesta área sanitaria. Dos outro sete afectados, o Centro Hospitalario Universitario de Ferrol (CHUF) mantén ingresados a dous de eles, ambos varóns, de 35 e 41 anos e en estado estable. O resto permanecen cun illamento doméstico nos seus domicilios.
Discussion about this post