O delegado territorial da Coruña, Ovidio Rodeiro, mantivo esta mañá un encontro por videoconferencia cos alcaldes da comarca de Ferrolterra cos que xa están aprobados os convenios de prevención e defensa contra incendios forestais para a creación de brigadas municipais e de xestión da biomasa e cos responsable do distrito III, responsable desta área na provincia.
Rodeiro destacou que desde o inicio do estado de alarma leváronse a cabo arredor de 900 actuacións de limpeza na provincia con intervalos de aproximadamente tres días para mellorar a seguridade destes edificios públicos. “O seu traballo foi fundamental nos momentos máis difíciles da crise porque non se deixou a ningún concello sen a desinfección que se precisaba”.
No caso concreto desta área, os municipios de Ares, Cedeira, Fene, Mañón, Mugardos e Ortigueira Ovidio foron os que subscribiron os convenios vixentes de colaboración coa Consellería do Medio Rural. A través destes convenios apóiase a creación de 8 brigadas cun total de 39 compoñentes nesta área e contarán con 2 motobombas. Ovidio Rodeiro explicou que algúns dos concellos xa contan con estes equipos e outros farano nas vindeiras semanas para levar a cabo traballos de prevención e para actuar no caso de que se produzan incendios forestais.
Estas brigadas municipais levan a cabo tamén traballos de prevención e de limpeza de espazos de risco nos concellos e colaboran co resto dos equipos doutras administracións na loita contra o lume.
Concello | Brigadas | Compoñentes | Motobombas |
ARES | 1 | 5 | |
CEDEIRA | 1 | 5 | |
FENE | 1 | 4 | 1 |
MAÑÓN | 2 | 10 | 1 |
MUGARDOS | 1 | 5 | |
ORTIGUEIRA | 2 | 10 | |
TOTAL | 8 | 39 | 2 |