Abre este xoves o prazo de preinscrición na Punto de Atención á Infancia de Valdoviño

Hay 20 prazas dispoñibles para nenos e nenas de 4 meses a 3 anos
36465747_463024100776159_494732034376204288_n

O Concello de Valdoviño abrirá mañá, 14 de maio, o prazo de preinscrición na Aula da Natureza-Punto de Atención á Infancia. As instalacións contan con 20 prazas para nenos e nenas de 4 meses a 3 anos e que as familias interesadas en dispor do servizo deben presentar a súa solicitude e documentación antes do día 30 de maio no Rexistro Xeral –primeira pranta da casa consistorial-. Tamén se poden dirixir por teléfono a Servizos Sociais (981 48 70 41 extensión 5) para solventar dúbidas.

En menos de 3 anos a Aula da Natureza tense convertido nunha ferramenta clave para facilitar a conciliación da vida persoal e laboral das familias de Valdoviño. As instalacións están ubicadas nun entorno único como é a zona da praia e lagoa da Frouxeira e contan no seu interior con dous espazos para o xogo, outro para o descanso, cuartos de baño e cociña. Complétase cunha zona exterior de xardín con elementos para o xogo e unha pequena horta.

O seu funcionamento é de 8 a 16 horas de luns a venres, pechando no mes de agosto. Ademais da xornada completa hai opción de media xornada en horario de 9 a 13 horas. Proporcionaráselles almorzo e merenda, así como o xantar ás crianzas que participen da xornada completa, sendo as familias as encargadas de aportalo.

Relacionadas

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.