O festival máis «cool» e canalla do verán desembarca en Valdoviño

O Motorbeach, que cada ano congrega en Asturias a 20.000 feccionados ao surf e as motos, aterrizará este ano na comarca para traer "salitre e gasolina"
91423696_2766913570096837_8829527616030507008_o

O desexo de recuperar a vella normalidade nótase no ambiente e, no verán, iso é sinónimo de festivais. A meirande parte dos eventos programados para este ano suspendéronse ou aparazáronse ata o vindeiro 2021, pero outros novos apostan pola comarca. É o caso dun dos festivais más selectos do panorama e que cada ano desde fai oito reúne en Asturias e preto de 30.000 persoas en torno ao mundo do surf e das motos, o Motorbeach. As condicións impostas polo Covid fai que este ano o evento se disgregue por catro municipios do territorio nacional para facer minifestivais con toda a esencia do Motorbeach. E un deses lugar será Valdoviño.

Do 31 de xullo ao 2 de agosto a praia da Frouxeira convertirase no epicentro de concertos, exposicións de surf cars, competicións de motos, food trucks, acampada e, sobre todo, bo ambente. Un programa repleto de shows, actuacións e exhibicións baixo o lema de «Gasolina e Salitre». Como bo festival que se preza, non faltará a musica. Nesta edición especial na praia da Frouxeira actuarán as bandas Sex Museum, Os Deltonos, TT Syndicate, The Soul Jacket, The Bo Derek’ s ou Os Wavy Gravies. Ademais, haberá unha ampla selección de dj’s ata a madrugada e durante o día para animar o ambiente.

 

 

O evento estará limitado a 1.000 persoas e se celebrará non terreo anexo ao camping da praia da Frouxeira. O director do festival, Paulino Rodriguez, explicou que ese recinto é o suficientemente grande como para montar todo o show que require un evento deste tipo ao tempo que se manteñen as medidas e as distancias de seguridade. «Poñeremos todo en marcha para facer un evento 100% seguro. Os pagos realizaranse con código QR e haberá desinfeccións continuas, hai espazo de sobras para manter a distancia de seguridade tanto nos concertos comos nas competicións e no «Donuts. É 100% seguro», explica.

O precio das entradas é de 45 euros e xa se poden mercar a través da app gratuita OnTour e que tamén servirá como monedeiro CashLess para o evento. Os trickets dan acceso aos 3 días de festival, poder participar nos roteiros moteiros, acceso a unha sprint race chamada «La Carrerona», aparcadoiro, uso dos baños e duchas 24 horas ao día e participar como público no ansiado «Donuts», o dirt track que poñerá a proba a túa adrenalina.

 

 

 

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.