Os voluntarios de Valdoviño atenderán a tódolos maiores de 80 anos do municipio

O novo programa impulsado polo Concello pretende rastrexar tódalas vivendas e controlar a estes veciños de avanzada idade para atendelos durante a crise
VOLUNTARIAS

Ata 26 homes e mulleres de todas as parroquias de Valdoviño integran o grupo de voluntariado impulsado polo Concello para facer fronte ao coronavirus axudando a quen máis o precisa. Son estudantes de psicoloxía, veterinaria, militares, farmacéuticos ou autónomos.

Participan nos catro programas que o goberno local puxo en marcha durante esta crise sanitaria.  A través de o programa «Axuda alimentos», encárganse de recoller os pedidos en tendas e súpers e achegalos aos domicilios de persoas maiores que viven soas ou que se atopan en situación de vulnerabilidade. O mesmo ocorre en «Menciñas», no que tamén contactan coas farmacias, envían imaxes das tarxetas sanitarias para testar os medicamentos, recollen e trasladan.

«Ao outro lado da liña» é un programa de atención telefónica a través do cal os nosos e nosas voluntarios e voluntarias conversan con veciños e veciñas que precisan algo tan simple e vital como falar con alguén.

E «Traballo de Campo» é unha nova liña de actuación que arranca esta semana cun obxectivo claro: detectar as necesidades das persoas maiores de 80 anos. Para iso, os voluntarios percorrerán todas as nosas parroquias para interesarse por aqueles recursos que precisan dende o punto de vista social ou económico a raíz da situación xerada polo estado de alarma. A información recopilada darase traslado a Servizos Sociais para así tentar dar resposta ás necesidades.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.