Valdoviño investirá 316.000 euros en mellorar a accesibilidade ao campo de fútbol do Meirás e ás praias da contorna

Contruirase un aparcadoiro disuasorio, ademáis dun campo anexo de herba artificial, e habilitaranse beirarrúas para os peóns
OBRAS MEIRÁS

O Concello de Valdoviño vén de iniciar as obras de construción do aparcadoiro disuasorio na contorna do campo de fútbol de Meirás. Será nos terreos cedidos polos veciños  da parroquia e nos viais municipais. Unha intervención que tamén contempla traballos de reordenación e mellora da accesibilidade ás praias de Punta Frouxeira e a construción dun campo de fútbol de herba artificial anexo ao terreo de xogo actual. A actuación conta cun investimento de 316.703,11 euros, que financian conxuntamente Deputación e Concello cun prazo de execución de seis meses.

O alcalde Alberto González sinalou que o Concello busca ordear e mellorar a accesibilidade aos espazos naturais conformados polas praias de Mourillá, Frouxeira e O Portiño, actuando sobre os camiños municipais existentes no entorno do equipamento do campo de fútbol.

Tamén, dotar a este entorno dunha zona de aparcamento disuasorio que favoreza o equilibrio e mellor uso da zona, reorganizando o espazo de estacionamento existente nos arredores do campo de Meirás. E, finalmente, acondicionar o espazo anexo existente como unha zona de ocio para a práctica de actividades e deportes relacionados coa natureza. «Trátase de facilitar o acceso aos areais e á zona de ocio impedindo a invasión do dominio público marítimo terrestre por parte dos vehículos e organizar o tránsito peatonal», explicaron desde o Concello.

En base a isto, prevese a construción de beirarrúas perimetrais de dimensións suficientes para o tránsito de peóns, sen obviar a aqueles con mobilidade reducida. Tamén a pavimentación dos viais, diferenciando a zona de estacionamento, habilitar pasos de peóns a nivel e prazas de estacionamento para persoas con diversidade funcional. Así mesmo, acondicionarase o actual campo da festa como un espazo multiocio para a práctica de actividades ao aire libre. Precisamente, nesta zona situarase unha instalación multideportiva de céspede sintético cunhas dimensións de 94×57 metros e sistema de rego.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.