Valdoviño licita a renovación da parte da cuberta do pavillón

Un total de once empresas optan a facerse coa obra con cargo ao POS+
valdoviño-pabellon-180709152642

Un total de 11 empresas optan ao contrato de renovación dunha parte da cuberta do pavillón municipal de O Longoiro, en Meirás. O Concello de Valdoviño sacaba a contratación as obras cun investimento de 72.167,82 euros procedentes do POS+2019. Unha intervención moi necesaria polas deficiencias detectadas, especialmente en relación ao estado do panel sándwich e as placas de policarbonato e á corrosión detectada en elementos de anclaxe e fixación.

Para remediar a problemática, a actuación contempla a substitución dunha parte do material de cubrición nunha das augas que conforman a cuberta e a colocación de pezas de remate perimetrais e substitución do canalón.

Unha intervención que conta cun prazo de execución de 3 meses.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.