Valdoviño quere conectar a voluntarios cos veciños máis necesitados durante a crise sanitaria

A demanda de axuda é cada vez maior, sobre todo por parte de xente de idade ou que vive soa
Imagen de archivo de la casa consistorial de Valdoviño
Imagen de archivo de la casa consistorial de Valdoviño

O Concello de Valdoviño vén de crear unha plataforma dixital baixo o chío #VoluntariadoValdoviño co que pretenden conectar a aqueles veciños dispostos a axudar aos máis vulnerables desta crise sanitaria e aos que máis o necesitan.  O departamento de Servizos Sociais está a recibir moitas chamadas de veciñas e veciños, empresas ou asociacións que queren axudar e, paralelamente, a axuda solicitada por persoas maiores, soas e en situación de vulnerabilidade tamén medra día tras día.

O obxectivo é crear un grupo no que cada persoa participante colabore para facer chegar esa axuda: levando alimentos ou menciñas aos domicilios, trasladando mascarillas, poñéndose ao teléfono para facer chamadas de seguemento ou conversar. «Nesta situación de crise, as mostras de solidariedade da veciñanza de Valdoviño están a ser impresionantes», din dende o Concello. Por eso invitan a tódalas personas interesadas en colaborar coa iniciativa que chamen ao 981 487 041 ou ao 695 096 198 para apuntarse.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.