Valdoviño reordena o tráfico polo Abanca Pantín Classic

As medidas estarán vixentes dende o 27 ata o 30 de agosto, sendo os últimos días da cita deportiva que ten lugar en Valdoviño
Playa de Pantín
Playa de Pantín

O Concello de Valdoviño vén de establecer unha reordenación temporal no tráfico na contorna da praia de Pantín co obxectivo de mellorar a mobilidade e evitar os colapsos ante a elevada afluencia de visitantes ao ABANCA Pantín Classic Galicia Pro. As medidas durarán dende hoxe 27 de agosto ata o domingo 30.

O novo dispositivo establece a dirección única: sentido O Ariño entre a igrexa de Pantín e O Ariño; sentido Beceiros entre O Ariño e Beceiros; sentido O Rodo entre O Ariño e O Rodo; sentido As Traves entre As Traves e O Freixo; e sentido Cotellón entre O Cotellón e O Freixo.

Ademais, o acceso dende Marnela de Arriba ata o lugar de O Rodo será de dobre dirección ata o cruce coa estrada da costa e, a partir de aquí, quedará prohibido o acceso ata a zona de Ariño.

Doutra banda, os vehículos que superen os sete metros veránse dobremente afectados pois dende as 10:00 ata as 22:00 horas non poderán circular polas vías sinaladas.

O Concello asegura que estas medidas buscan facilitar a circulación e previr os problemas de tráfico durante unha das principais citas deportivas do verán en Valdoviño.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.