Veciños de O Val reclaman melloras nas beirrúas da AC-116

Creen que existe "perigosidade sanitaria" pola acumulación de lixo e as lousas levantadas
AC116_3 (1)

Desde a asociación de veciños os Irmandiños, de Narón, rexistraron a pasada semana dúas solicitudes á Axencia Galega de Infraestruturas relacionadas co «nulo mantemento da estrada AC-116 ao seu paso pola parroquia de O Val».

Na primeira solicitude enviada o 17 de Maio, demandan a limpeza das beirarrúas, xa non só pola maleza acumulada «que case non permite camiñar por elas nalgúns tramos» senón que tamén pola «perigosidade sanitaria debida á acumulación de lixo» como máscaras e luvas usadas, entre outros.

Na segunda solicitude enviada o 19 de Maio, a entidade veciñal pide a reparación das propias beirarrúas xa que en moitos tramos hai lousas levantadas, rotas ou incluso fochancas debido á desaparición das mesmas, «o cal dificulta a mobilidade sobre todo pensando en persoas con dificultade para camiñar ou quen leve carriños de bebés ou cadeiras de rodas».

 

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.