A empresa Viaqua, que xestiona o suministro de auga en Valdoviño, suspenderá os cortes de subministro do servizo por impagos na situación de alerta. A compañía decidiu adoptar unha serie de medidas importantes de cada á veciñanza e aos negocios. Entre elas, permitirá financiar ou aplazar o pago de facturas, sen intereses, a todos os colectivos que presenten dificultades.
Ademáis, as empresas pechadas non se lles computará no recibo o contabilizado dende o día 13 de marzo e se ampliará o plazo do periodo voluntario de pago de facturas a 90 días. Tamén se suspenderán todos os cortes de subministro. Neste caso, trátase dunha medida xa implantada pola empresa para aquelas persoas en situación de vulnerabilidade económica e, na situación actual, decidiu facela extensiva a todos os clientes, paralizando calquer acción de reclamación ou débeda ou de cortes.
Deste xeito, garantízase que un ben básico como a auga chegue a todos os fogares, máxime nun momento no que a hixiene se convertiu nunha acción indispensable de prevención. Ademais, e en relación aos pagos, a empresa sinala que dispoñen dun plan de cuota fixa -Plan 12 Gotas- que o cliente pode solicitar e que permite pagar todos os meses o mesmo importe en base ao consumo do ano anterior, regularizando ao final do ano a situación (no caso de que o importe sexa superior ou inferior ao consumido, devólveselle a cantidade ou finánciase a pagar nos seguintes meses). Tamén, ofrécese a posibilidade de elixir a data do mes que prefira para a domiciliación bancaria.
Discussion about this post