As listaxes definitivas das axudas correspondentes ao Plan de Mellora para a Empregabilidade -PAME- xa están a disposición dos solicitantes na web do Concello de Ferrol. Poden consultarse no apartado “Axudas PAME”, ao que se accede dende a páxina principal, e tamén no taboleiro de anuncios do Concello. Os enlaces directos a ambos son os seguintes: https://www.ferrol.gal/AxudasPAME/Indice e https://www.ferrol.gal/Sede/TaboleiroAnuncios.
Agora, os servizos económicos do Concello traballan coa previsión de poder ingresar o importe das subvencións este mesmo mes ou a principios de setembro Foi nesta misma semana onde se emitiu a a resolución que aprobou a adxudicación das subvencións, un total de 1.155 solicitudes por un importe total de 1.707.630 euros.
Mentres, o número de desestimacións por non cumprir as condicións esixidas nas bases reguladoras específicas e na súa convocatoria foi de 226. O Plan de Mellora para a Empregabilidade -PAME-Ferrol- contempla axudas a autónomos e pequenas empresas co fin de paliar os efectos da epidemia da Covid-19. O Concello de Ferrol destinou dous millóns de euros ao PAME, co que pretende promover o dinamismo económico outorgando liquidez ás empresas para que atenúen o impacto da redución de ingresos e poidan manter os postos de traballo.
Segunda convocatoria
Resolto o proceso, o Concello xa está estudando abrir unha segunda convocatoria do PAME con cargo ao remanente. A cantidade dispoñible é de 292.370 euros, que servirían para que os solicitantes que non cumpriron os requisitos contemplados nas bases poidan optar de novo ás axudas, unha vez que subsanen o problema. Tamén para que poidan pedir a subvención quen por outros motivos non o fixeron na primeira convocatoria.
Discussion about this post