O centro da cebola

É domingo pola noite, baixo o lixo -dise aínda o polvo, en Ferrol, ou a globalización acabou con el?- e dou un paseo ata o porto. Son as nove da noite e hai case vinte e dous graos: o cambio climático, ademais de impedirme durmir ben en outubro, fai que as terrazas estean cheas de […]

Unha voda e tres funerais

A diferencia de Hugh Grant e os seus amigos naquela comedia, nas últimas semanas eu fun a tres funerais, que remataron onte -espero- cunha voda. Tres funerais, dous de xente xa maior, e o terceiro dun home que, hoxe en día, era aínda novo. Dúas enfermidades, cos seus tempos de coidados, de dor, de pena […]

O fío que sostén as perlas

Imagen de brgfx en Freepik.

Ao levar a copa á boca cáeme unha gota nos vaqueiros. Ten a forma exacta das cabezas de indio que tiña unha camisa da miña nai de cando eu era un rapaz. Unha camisa beige, frouxa, que me deixou un par de veces; por exemplo aquela tarde que había unha festa medio nocturna no Club […]

A casa que esperamos

Estes días cálidos de primeiros de xullo serán os últimos que pase eu so en Pontevedra, despois de dous anos traballando aquí. A próxima semana ven Marta, a miña muller, e despois volveremos xuntos a Ferrol. Se sumo os tres anteriores en Madrid, levo cinco anos seguidos fóra, viaxando as fines de semana para estar […]

Cociña democrática

Temos na casa ese todopoderoso utensilio de cociña, a Thermomix. E usámola moito. Con ela todo é doado e nada pode saír mal, sempre que posúas unhas mínimas competencias dixitais. De cativo lin todos os libros de Guillermo Brown, o personaxe de Richmal Crompton, aquel neno dun pobo inglés que, co seu grupo de amigos, […]

Cara onde ir?

Estábamos un amigo e máis eu ceando en Santiago, na Tita, tortilla. Había tempo que non nos víamos e falamos un pouco de todo, incluídos os fillos. Sostiña el o habitual: que o que estaba claro é que tiñan que estudiar ciencias, porque as letras estaban máis moribundas que nunca; e puña por exemplo o […]

Malos hábitos

Cementerio Catabois arcos

Hai poucos días volvín ao cemiterio, ao municipal, a Catabois. Xa había meses que non ía. O motivo, naturalmente, era triste. Logo, así que marchou a xente, fomos ver, os nenos, os meus pais e nós, as tumbas dos meus catro avós. Os cativos levaron unha sorpresa con algúns dos apelidos e coas datas de […]

A Betanzos ao médico

Fun a Betanzos ao médico. Como ten ido a miña familia moitas veces dende a aldea. Betanzos foi sempre o principal centro urbano de referencia tanto para os de Irixoa como, aínda que menos, para os de Aranga. Ségueo sendo, para os poucos que me quedan alí. Sento nunha terraza, despois, a tomar un café. […]

Cidadanía responsable

Nas últimas semanas xurdiron en Ferrol un par de campañas de protesta por outros tantos problemas. Foron campañas efémeras, como case todas as das redes, pero habelas hóuboas. E nelas fixéronse dúas cousas, ou, mellor dito, tres: protestar polo estado de dous servizos municipais, esixir unha solución para eles e, por último, culpar ao Concello […]

Ferrol, exposto

Un dos lugares comúns da crítica -autocrítica, máis ben- a Ferrol é dicir que non hai oferta cultural. É algo repetido con frecuencia, normalmente pola xente que menos se interesa pola cultura e xa non tiña pensado ir a nada, nin aquí nin noutro sitio. Teño a dúbida de se é unha escusa para se […]

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.