A peor percepción de saúde está en Galicia: só un de cada seis galegos afirma un bo estado físico

Os indicadores mostran unha poboación cada vez máis envellecida e cunha elevada incidencia de enfermidades crónicas
Imaxen de arquivo dunha doctora examinando unha radiografía | PEXELS
Imaxen de arquivo dunha doctora examinando unha radiografía | PEXELS

Galicia é a comunidade autónoma onde menos persoas consideran que teñen unha boa saúde. Así o reflicten os últimos datos do Instituto Nacional de Estatística (INE), que sitúan aos galegos e galegas á cola en percepción positiva do seu estado de saúde, cun 61,6% da poboación valorándoa favorablemente.

A situación coincide cunha elevada prevalencia de diversas doenzas crónicas e factores de risco que afectan especialmente á poboación de maior idade, pero tamén con importantes diferenzas entre homes e mulleres. Entre os problemas de saúde máis frecuente en Galicia destacan o colesterol alto, que afecta ao 21,1% da poboación, a tensión alta (20%) e dor a lumbar crónica, presente no 17,8% dos galegos.

Imagen de archivo de una consulta médica | ARQUIVO
Imaxe de arquivo dunha consulta médica | EP

Ademais, algunhas patoloxías rexistraron un notable incremento nos últimos anos. Entre 2023 e 2025, as alerxias crónicas aumentaron 5,3 puntos porcentuais, mentres que os casos de colesterol elevado creceron 3,1 puntos e os trastornos asociados á menopausa incrementáronse en 2,3 puntos.

A fenda de xénero, tamén na saúde

Os datos revelan que as mulleres soportan unha maior carga de enfermidades crónicas e problemas de saúde. A artrose, por exemplo, afecta ao 22,5% das mulleres fronte ao 10,1% dos homes. O mesmo ocorre coa dor lumbar crónica, que sofre o 21,8% das mulleres fronte ao 13,6% dos homes. Tamén son máis frecuentes entre elas as dores cervicais, as migrañas, as varices, os trastornos de tiroide así como os problemas de saúde mental relacionados ca ansiedade e a depresión crónicas.

Foto de archivo de persona mayor acompañada | CEDIDA
Foto de arquivo dunha persoa maior acompañada | CEDIDA

Galicia lidera en obesidade

Galicia presenta a taxa máis elevada de España en obesidade, cun 18,31% da poboación afectada. A prevalencia é maior entre os homes, dos que o 61,4% presenta exceso de peso ou obesidade, fronte ao 47,6% das mulleres. Os expertos sinalan que este factor está relacionado co desenvolvemento de enfermidades cardiovasculares, diabetes e outros problemas crónicos que condicionan a calidade de vida.

Un menor consumo de alcohol e tabaco ca media estatal

Non todos os indicadores son negativos. No caso do alcohol, a comunidade galega rexistrou unha taxa do 8.08% fronte ao 10,2% a nivel estatal. En canto ao tabaco, a porcentaxe en Galicia sitúase no 14,03% por baixo da media nacional, que alcanza o 15,43%.

Un control de alcoholemia pola Gardia Civil | ARCHIVO

A pesar destes datos máis favorables, en hábitos de consumo, o conxunto dos indicadores mostra unha realidade complexa: unha poboación cada vez máis envellecida, cunha elevada incidencia de enfermidades crónicas e cunha percepción da saúde significativamente peor que a do resto do país.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.