Os traballos previos para rexenerar a Milagrosa comezarán tras o Nadal

En xaneiro empezarán as visitas porta a porta que recollerán o diagnóstico e as propostas de rexeneración urbanística deste barrio
Concello de Lugo
Concello de Lugo

O vindeiro mes de xaneiro comezarán as visitas porta a porta do traballo técnico que recollerá o diagnóstico e as propostas de rexeneración urbanística deste barrio e do barrio Feijóo. A alcaldesa de Lugo, anunciou o pasado venres ante máis de 300 persoas, “que suporá un antes e un despois para esta área, a máis populosa da cidade, tanto na rehabilitación das vivendas particulares como da nova configuración e recuperación dos espazos públicos”.

A rexedora, que estivo acompañada por un responsable da empresa GAU, lembrou que “o obxectivo é rematar coa degradación urbanística e social que sofre esta zona e mellorar a calidade de vida da cidadanía a través de solucións que melloren o ámbito público, e tamén as vivendas e edificacións desde un punto de vista da eficiencia enerxética e da confortabilidade e que axuden a dinamizar esta parte da capital”. Cos traballos que se iniciarán tras as festas de Nadal, o Concello de Lugo quere declarar este espazo como Contorna Residencial de Rehabilitación Programada -ERRP-, “a nova denominación do que antes se coñecía como Arru ou Ari”, puntualizou Méndez, “que é o trámite previo para poder concorrer ás axudas que se habilitan ao abeiro dos Fondos Next Generation e que temos vontade de solicitar para propiciar a rexeneración destas contornas”.

Méndez comprometeuse coa veciñanza da Milagrosa en realizar un seguimento persoal desta estratexia que “xa iniciamos no mandato pasado coa recuperación de xardíns e prazas na Milagrosa, melloras dos espazos públicos, apertura de prazas gratuítas de aparcadoiros disuasorios, a creación de rúas e áreas peonís ou a apertura de novos equipamentos municipais como o centro interxeracional Paco Martín”, dixo, “pero coa que agora damos un paso máis alá para a rexeneración integral dun barrio que experimentou un deterioro progresivo»

A alcaldesa de Lugo, nesta reunión coa cidadanía da Milagrosa, na que estivo presente a Federación veciñal, avanzou así mesmo que este mes comezarán a cambiarse a totalidade dos colectores de lixo no barrio que, ademais, ampliarán o seu número, “e coa chegada de nova maquinaria do novo servizo concesionario se iniciará unha limpeza en profundidade en todas as rúas”.

Sobre a seguridade, Méndez lembrou que recentemente mantivo unha reunión coa subdelegada de Goberno e os máximos responsables da Policía Local e Nacional para incrementar a presenza das forzas de seguridade e pediu aos propietarios das vivendas que se ocupan de xeito ilegal que o denuncien xudicialmente, “porque senón non se pon en marcha a maquinaria legal para expulsalos”.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.