Datas sinaladas

image_processing20191211-24817-1drkwkf

Hoxe gustaríame reflexionar sobre os acontecementos sinalados, ou máis ben, sobre as datas sinaladas deses acontecementos.

Existen datas históricas, datas que cambiaron á humanidade como pobo, como sociedade, que a transformaron en vertical e en horizontal, datas transoceánicas. Datas que deron pé a guerras, paz, desastres, irmandade, etc.

Logo hai outras datas, de corte conmemorativo, e xeralmente asociadas a algunha figura representativa da nosa cultura.

Sen dúbida, tanto as históricas como as conmemorativas, teñen unha notable transcendencia e deben ser recordadas para sempre no imaxinario colectivo.

Pero ademais, existen outras datas que son, como dicilo, de transformación persoal; datas que significan a nivel individual un xiro de 360 graos, tanto en positivo como en negativo, e esas son precisamente as que non se esquecen xamais.

Pode ser o día que rematáchela carreira, a primeira xornada no teu posto de traballo soñado, o día da túa voda, o día que faleceu túa nai, ou o día que perdestes ao amor da túa vida.

Infinidade de datas sinaladas e intransferibles, que máis que estar, son, permanecendo como as follas dunha árbore perenne. Están aí, acompañándote en silencio, colléndote da man ou facendo sangrar o teu corazón, pero nunca te deixan.

Hai que aprender a vivir con elas, botándolles o mellor dos sorrisos cando o merecen, e a maior das melancolías cando toca. Non debes reprimilas, debes de aceptalas, porque esas datas reflicten, en certa maneira, a persoa que agora es.

As nosas datas, cos seus acontecementos respectivos, vannos construíndo como unha torre de infinitos pisos; con chanzos fermosos e chanzos desalentadores. Todos forman parte de ti, e todos deben de estar.

O máis difícil, pero á vez máis marabilloso da vida é, chegado o momento, deixar que alguén coñeza as túas datas sinaladas, os teus chanzos escuros e tamén os de máis luz. Ocórreseme que nese intre, xusto nese intre, compartirás un verdadeiro amor.

Agardo que no 2022 todas as túas datas sinaladas, sexan para ti e as túas persoas queridas, chanzos de alegría e felicidade. E de non ser así, que teñas a sorte de poder compartir con xente amiga e familia os chanzos de menor fortuna.

Bo Nadal a todas e a todos!

Relacionadas

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.