Cariño realizará unha sesión informativa co motivo do Día Internacional do Alzheimer

O encontro terá lugar o vindeiro 21 de setembro a partir das 18.00 hora no Local Social da Casa do Concello onde se tratarán varias cuestións relacionadas coa enfermidade
ert

O Concello de Cariño organizará o vindeiro 21 de setembro unha sesión informativa con motivo do Día Mundial do Alzheimer. Celebrarase no Local Social da Casa do Concello a partir das 18.00 horas.

Que sucede no Alzheimer, como se detecta ou que precaucións podo tomar. Estas son algunhas das cuestións que se tratarán na sesión, para a cal se pode reservar praza no teléfono 981 42 00 59 -preguntando por Silvia Varela- ou ben no correo [email protected].

Tal e como se establece na maior parte dos eventos cun certo número de xente adoptaranse varias medidas preventivas, polo que o aforo será limitado, sendo obrigatorio o uso de máscara e sempre seguindo as recomendacións sanitarias pertinentes. O Concello poñerá ao dispor dos asistentes xel hidroalcohólico para a correcta hixienización de mans á entrada e á saída da sesión.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.