O Concello de Cariño non cobrará impostos ou taxas municipais mentres estea vixente o Estado de Alarma

“É unha medida lóxica para axudar a superar esta situación excepcional aos nosos veciños e veciñas, que en moitos casos non poden facer uso dos servizos”, explicou o alcalde José Miguel Alonso Pumar
panoramicacariño0091-1080x675 (1)

O Concello de Cariño está a aplicar medidas especiais ante a situación extraordinaria derivada da crise sanitaria xerada pola expansión do COVID-19. O alcalde, José Miguel Alonso Pumar, comunicou que durante a vixencia do Estado de Alarma non se cobrará ningún imposto ou taxa municipal aos veciños e veciñas do municipio.

Así, non se cobrarán ata que se restableza a normalidade taxas como as das terrazas dos bares, o Punto de Atención á Infancia e a piscina municipal. En todos eles os servizos citados aplicarase un prorrateo cos días de marzo que os servizos puideron estar abertos ao público para, a partir do día 13 deste mes, suspender a cobranza. Os novos recibos do servizo de auga e lixos, así como o imposto de vehículos, tamén se conxelaron en coordinación coa Deputación da Coruña como mínimo ata superar o 30 de abril. As datas de continuación fixaranse chegado o momento.

Doutra banda, e no que ao recibo de auga e lixo refírese, o goberno local decidiu ampliar ata o 30 de abril o prazo para facer efectivo o pago do recibo correspondente ao último cuadrimestre de 2019 para todas aquelas persoas que aínda non o fixeran efectivo de forma presencial ao non contar con domiciliación bancaria. Este período de cobranza comezara o 1 de febreiro e finalizaba o 31 de marzo, polo que no momento de decretarse o Estado de Alarma boa parte dos contribuíntes xa satisfixeran o pago.

José Miguel Alonso Pumar destacou que “estas medidas pódense ampliar no tempo dependendo da evolución da crise sanitaria que vivimos” e aclarou que “son medidas lóxicas para axudar a superar esta situación excepcional aos nosos veciños e veciñas xa que, na maioría dos casos, non poden facer uso dos servizos”.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.