O Concello de Cerdido pon en marcha un servizo para axudar ás persoas que vivan soas ou estean en situación de vulnerabilidade por mor das restricións impostas pola crise do coronavirus. As persoas maiores, enfermas ou dependentes que vivan soas e non teñan medios para desprazarse para ir mercar alimentos ou ir a farmacia poden chamar ao teléfono 981411000 en horario de 9:00 a 14:00 horas e o concello facilitaralles a atención.
O goberno municipal explicou que os servizos sociais do Concello de Cerdido están a facer un seguimento das persoas especialmente vulnerables nesta crise para avaliar as súas necesidades.