Cerdido repartirá máscaras entre os colectivos máis vulnerables e de risco

O Concello adquiriu con fondos propios unha partida de 1.000 unidades
2-7-11

En vista das fases de desescalada previstas polo goberno e do inicio da volta a normalidade, o Concello de Cerdido comezará a repartir máscaras para as persoas de máis risco, persoas maiores de 60 anos e nenos e nenas de ata 14 anos. As persoas interesadas (maiores e persoas de risco) deberán poñerse en contacto co Concello para solicitalas, no teléfono 981 41 10 00 en horario de 9:00 a 14:00 horas.

Esta quenda forma parte de unha partida de 1.000 máscaras adquiridas polo Concello de Cerdido con fondos propios. Esta nova iniciativa súmase ás que xa leva postas en marcha o Concello de Cerdido dende o 12 de marzo, como a desinfeccións das rúas e colectores con máis movemento, o reparto a domicilio de alimentos e medicamentos ás persoas maiores de 65 anos que vivan soas ou a axuda na impresión de tarefas escolares para o alumnado.

 

Relacionadas