O 75% dos turistas que visitaron Ortigueira este verán facíano por primeira vez

O día 31 de outubro, a asociación Terras de Ortegal realizará unha visita guiada teatralizada co personaxe do arqueólogo Federico Maciñeira como protagonista
ortigueira turismo 2

A oficina de turismo de Ortigueira ten xa datos definitivos do número de turistas que visitaron a localidade durante este atípico verán. Ascenden a case 3.500 persoas (3.485), que realizaron un total de 1.370 consultas relacionadas cos lugares de interese, aloxamento, restauración, actividades, etc.

O dato máis salientable é que o 75% dos turistas visitaban Ortigueira por primeira vez. O 95% correspondeuse con turismo nacional e unha procedencia maioritaria de Madrid (30%), Galicia (16%) e País Vasco (13%). Se en lugar de comunidades autónomas tomamos como referencia as provincias, inmediatamente despois de Madrid situaríase Barcelona, e a continuación A Coruña.

O perfil de visitante é unha persoa de mediana idade que viaxaba en parella, seguido dos turistas que lo hicieron en familia. En canto ao punto de máis interese para os visitantes, segundo os datos recollidos pola oficina de turismo, foi o patrimonio natural de Ortigueira, como en años anteriores.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.