O Concello de Ortigueira dedica esta semana a actividades arredor da celebración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller. Mañá mércores, a Concellería de Igualdade organiza na biblioteca municipal a partir das 17.30 horas unha sesión de contacontos co título “Os contos da leiteira”. A iniciativa, que correrá a cargo de OQO Editora, está dirixida a menores de 4 a 12 anos.
Ao día seguinte, o xoves 5, a compañía Chévere impartirá a charla educativa “O día que as mulleres gobernen o mundo todo será distinto”, no IES de Ortigueira ás 12.30 horas. O venres 6 será a quenda da formación, unha actividade sobre busca de emprego a través das TIC que se desenvolverá na Aula CeMIT desde as 9.00 horas, e o domingo 8 terá lugar o acto central coa celebración do XI Encontro de Mulleres no restaurante Orillamar de Espasante, que dará comezo ás 13.30 horas e para o que é necesario inscribirse con anterioridade.
O luns 9 rematará a programación organizada pola Concellería de Igualdade cun programa de
autocrecemento para mulleres con discapacidade que terá lugar no Centro Social de Ortigueira desde
as 10.30 horas. Todos estes días poderase visitar tamén no claustro baixo do Concello a exposición “Mulleres cambiando o mundo”.
Discussion about this post