Ortigueira participa na iniciativa «Veciño solidario» para recadar fondos con fins sociais

Trátase du proxecto promovido polo exciclista Ezequiel Mosquera ao que xa se adheriron 45 concellos galegos
cabecera_evento_12042 (1)

O Concello de Ortigueira é un dos 45 municipios de Galicia que participan na iniciativa “Veciño solidario”, unha idea do exciclista Ezequiel Mosquera para axudar directamente aos concellos ou as súas asociacións sociais nestes difíciles momentos.

A través da plataforma posta en marcha pola empresa de incricións en probas deportivas EME Sports pódense realizar donacións para recadar fondos destinados a axudas sociais ou colectivos desfavorecidos de cada localidade. Son os propios Concellos os que determinan se se ocupan de xestionar a recadación directamente ou ben de entregarlla a asociacións con fins sociais. No caso de Ortigueira, os cartos serán para a Asociación Pro-Minusválidos Aspromor, segundo informou o alcalde, Juan Penabad Muras.

O donativo mínimo é de 3 euros e pódese realizar a través da web www.emesports.es, aínda que tamén hai información nas redes sociais de #Veciñosolidario. A empresa non obtén beneficio algún pola xestión. O prazo de recollida de cartos é dun mes.

PUBLICIDAD
PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.