O Concello de Fene inicia a limpeza subsidiaria de oito parcelas abandonadas

A lei autonómica de prevención de incendios forestais obriga a que, antes do 31 de maio de cada ano, todas as parcelas lindeiras con vivendas e outros equipamentos públicos e privados estean libres de maleza.

O Concello de Fene inciou esta semana a roza de varias parcelas lindeiras con vivendas e vías públicas para dar cumplimento da lei autonómica de prevención de incendios forestais. Trátase dunha norma que deben cumprir todas as persoas propietarias e, de non facelo, tanto a Xunta como os concellos poden executar de forma subsidiaria os labores de roza e corta que sexan necesarios. Iso mesmo é o que está facendo o Concello de Fene desde hai uns días nos arredores de sete vivendas situadas en distintos puntos do municipio e tamén nunha parcela do polígono do Vilar do Colo.

Os traballos subsidiarios comezaron xa a semana pasada como resultado de expedientes iniciados pola área de Urbanismo que levaban abertos pero sen solución desde hai tempo. Tal e como sinala o titular do departamento, Manuel Polo, «os procedementos teñen entre 9 e 20 meses de antigüidade» e refírense a sete parcelas colindantes con vivendas nas que non se estaban respectando as distancias mínimas das faixas de protección.

Tres dos predios encóntranse en Fene, outros tres en Limodre e un en Sillobre, mentres que o oitavo é lindeiro cunha das parcelas do polígono industrial. O concelleiro de Urbanismo, Manuel Polo, afirma que o Concello «será inflexible» co incumprimento da lei sinalando que quen teña propiedades «debe atendelas». En caso contrario a Administraicón local procederá «incluso de oficio» para que se respeten distancias das plantacións e que se limpen as fincas. Os propietarios teñen ata o 31 de maio deste ano para facelo de forma voluntaria.

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.