A incapacitación xudicial dos nosos maiores: Non é un ataque, é un mecanismo de protección

O feito de que xudicialmente se declare incapaz a unha persoa non significa que perda os seus dereitos como cidadán
incapacitacion

O aumento da esperanza de vida fai posible que, en España, e en concreto en Galicia, as persoas maiores cada vez vivan máis. Concretamente, a media sitúase ao redor dos 86 años en mulleres e en 80 años nos hombres, a avanzada idade á que chegan hoxe os nosos maiores fai que non sexa extrano que aparezan deterioros cognitivos graves, como a demencia ou o alzhéimer. En consecuencia, aumentan tamén o número de casos nos que é necesaria a intervención xudicial para poñer en marcha o procedemento da incapacitación, có único obxectivo de protexer ós anciáns. 

A maioría das veces, son os fillos ou outros familiares dos anciáns os que se ven na obriga de iniciar o procedemento de incapacitación xudicial e en moitas ocasións acuden ó avogado recelosos por ter que tomar esa medida, aguantando ás veces anos con esa situación, ocultando a realidade na que se encontra o ser querido, porque veno coma se adoptar esa medida fose un ataque cara aquel, cando en realidade o obxectivo deste procedemento é protexer tanto a súa persoa como o seu patrimonio. O feito de que xudicialmente se declare incapaz a unha persoa non significa que perda os seus dereitos como cidadán. A persoa dispón de capacidade xurídica, so que necesita a outra persoa que tutele as súas accións ou que o apoie no que non poida facer. Ademáis, existen graos diferentes de incapacitación segundo o grao de dificultade que presenten para obrar.  

No artigo 200 do Código Civil siñálase que «son causas de incapacitación las enfermedades o deficiencias persistentes de carácter físico o psíquico que impidan a la persona gobernarse por sí misma«. Quen decida dar o paso, só terá que interpoñer unha demanda, que deberá conter a petición de incapacitación e a causa concreta que a motiva, ademáis de presentar probas documentais que evidencien o estado deficiente do ancián, aportando un informe médico, informes sociais, certificados de discapacidade, e calquer outro informe que sexa relevante. 

O demandante poderá asi mesmo propoñer ó tribunal, á persoa ou persoas que desempeñen, no seu caso, a tutela ou curatela (un réxime máis leve de intervención) da persoa declarada incapaz. A lexitimación para instar o proceso de incapacitación corresponde ademáis do propio incapaz, ós descendentes, ascendentes ou irmáns do presunto incapaz, así como o cónxuxe ou quen se encontre nunha situación de feito asimilable, elo por suposto a maiores do Ministerio Fiscal, quén deberá promover a incapacitación si as persoas mencionadas no existisen ou non a solicitaran e ten coñecemento desta situación. 

Será durante o procedemento cando se examinen as súas capacidades por un médico forense e realizaranse entrevistas á propia persoa que se pretende incapacitar e ó resto do seu entorno. A Exploración do incapaz por un médico forense é a fase máis importante deste procedemento, exame que incluso se poderá realizar no seu domicilio en situacións en que se encontre encamado, e será este quén determinará si ten ou non capacidade de obrar emitindo un informe ó respecto. Outras fases importantes son a audiencia cos parentes máis próximos do presunto incapaz e a entrevista que o Xuiz terá có ancián, onde se formará unha opinión sobre o seu estado cognitivo. 

Si o Xuiz, unha vez dados todos os pasos, considera oportuna a incapacitación xudicial, o reflexará na sentenza. Neste mesmo documento, é habitual que se inclúa a designación dun titor, que será a persoa que velará polo coidado do enfermo e do seu patrimonio. O titor legal dunha persoa maior estase obrigando a coidar tanto do benestar como do patrimonio do mesmo, sen ánimo de lucro, e en todo caso estará controlado legalmente, polo que a mellor situación posible para aquela persoa maior é ter un titor legal.

E dicir, cando unha persoa maior xa non é capaz de controlar os seus bens e o seu propio benestar, a mellor situación posible para él é ter un titor legal. A tutela está sometida ó control, rendindo contas anualmente ante un Xuiz. Será quen se responsabilizará de estar ó tanto de todas as necesidades do ancián e de responder ante os distintos mecanismos de control que se prevén para esta figura xurídica. 

A incapacitación, có conseguinte nombramento de titor, é por tanto unha medida de protección para quenes non poden autogobernarse e por tanto,  tómase no seu beneficio e non no de familiares ou doutras persoas no seu entorno, polo que é a medida desexable si se quere protexer ós nosos maiores en situación de incapacidade.  

 

Elisa María Lago Moire, avogada colexiada 3717 ICACOR, é a directora do bufete Lago Moire Abogados

 

Publicidad
Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.