A área sanitaria de Ferrol mantén a tendencia á baixa no número de casos activos por Covid-19, que actualmente sitúase en 26 persoas. Só 4 destes doentes permanencen hospitalizados a causa do virus e o resto, 22 casos, están en illamento no seus domicilios.
Según os datos da Dirección Xeral de Saúde Pública, son xa 550 os veciños das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal que superaron o virus e obtiveron a alta epidemiolóxica. O número de falecementos segue sen cambios desde o pasado 9 de maio, polo que a día de hoxe son 33 as vítimas mortais relacionadas co coronavirus na área sanitaria.
Na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 854, deles 207 son da área da Coruña, 58 da de Lugo, 127 da de Ourense, 36 da de Pontevedra, 255 da área de Vigo e 145 da de Santiago.
Discussion about this post