O Sergas informou contra as 22.00 horas dun novo falecemento dun dos doentes do área sanitaria de Ferrol a causa do Covid-19. Trátase dun home de 74 anos que fora diagnosticado de coronavirus e se atopaba ingresado no hospital Juan Cardona de Ferrol. Segundo o Servizo Galego de Saúde, o falecido presentaba algunhas patoloxías previas que agravaron a enfermidade.
Con este son nove os falecidos a causa do coronavirus nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal. As idades dos mortos rexistrados durante esta pandemia ata agora na zona van dos 69 aos 92 anos e todos padecían algún tipo de patoloxía previa. Actualmente hai 15 persoas nas Unidades de Coidados Intensivos dos hospitais do área sanitaria de Ferrol.
Discussion about this post