Un home e unha muller veciños de Narón foron detidos esta madrugada nun piso de Recimil tras enfrontarse aos policías locais que os estaban a sancionar. Pasada a medianoite, unha patrulla que circulaba polo barrio escoitou fortes ruídos procedentes dun edificio, e tras detectar de que vivenda procedían, achegouse ao domicilio, no que descubriu que había dúas parellas, unha das cales non reside alí, senón en Narón.
Os axentes identificaron ás catro persoas e formularon denuncias contra todos eles por non cumprir o confinamento establecido no Real Decreto do 14 de marzo, cousa que o home que estaba de visita non aceptou de bo grao, e empurrou a un dos policías. Acto seguido, a súa compañeira foi á cociña da vivenda e regresou cun coitelo na man. Dada a situación, os axentes detivéronos a ambos e trasladáronos á Comisaría para poñelos a disposición da Policía Nacional.
En total, dende que se decretou o estado de alarma, xa faron sancionados 170 veciños en Ferrol por infrinxir as normas de confinamento impostas pola crise sanitaria do coronavirus.
Discussion about this post