A Garda Civil de Ortigueira procedeu á detención dun veciño da mesma localidade, de 49 anos de idade, tras ferir de gravidade a outro home de 30 anos e residente no mesmo concello.
Os feitos sucederon no concello veciño de Mañón, cando tanto o agresor como un familiar atopábanse na beiravía da estrada tras cargar un camión de madeira, momento en que a vítima parou o seu vehículo e diriuxese a eles, producíndose a continuación unha disputa sen que se coñeza ata agora a orixe. Posteriormente, o detido colleu un pau das ramas das árbores que se acababan de tallar e golpeou na cabeza ao agredido, caendo este a o chan e quedando inmóbil.
Cando o agresor comprobou que a súa vítima non respondía tratou de auxiliarlle e chamou rapidamente ao 061, acudindo ao lugar unha ambulancia que evacuou ao agredido ata o CHUF de Ferrol, onde tivo que ser trasladado ao CHUAC da Coruña.
Discussion about this post