O Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (CHUAC) pode confirmar nas próximas horas o primeiro caso positivo de infección polo virus COVID-19 ou Coronavirus de Galicia. Trátase dun doente que chegou onte á ciudade procedente de Madrid, a onde viaxou por motivos laborais.
Según confirmaron fontes do CHUAC, o persoa infectada atópase ingresada e aillada na pranta de infecciosos a espera de facerlle novas probas. Nun primeiro momento fixéronlle unha proba que arroxou un resultado dubidoso, polo que se lle fixo un segundo test que podería haber dado positivo por COVID-19. Según establece o protocolo, remitiuse unha nova proba a Madrid.
As autoridades sanitarias puxéronse en contacto con máis pasaxeiros desa mesma viaxe a con xente que estivo en contacto co doente ante o posible risco de contaxio. Esta persoa, según puido saber Enfoques Ferrolterra, traballa para unha gran empresa da contorna da Coruña e viaxa con frecuencia á capital madrileña.
A consellería de Sanidade todavía non deu ninguna información sobre este caso, que sería o primeiro de Galicia, unha das dúas comunidades que se atopaban aínda sen positivos por Coronavirus. Denden o CHUAC aseguraron que aínda non teñen información ao respecto.