O recuncho vigués que conquista a Macarena García e Javier Ambrossi cada verán

Javier Ambrossi e Macarena García nunha das súas estancias en Galicia | @macarenagarciaoficial
Javier Ambrossi e Macarena García nunha das súas estancias en Galicia | @macarenagarciaoficial

A poucos minutos do centro de Vigo, as praias de Canido con vistas abertas á ría de Vigo e a presenza constante das Illas Cíes, fan desta zona costeira un sitio que se converteu para a actriz Macarena García e o director Javier Ambrossi nun dos lugares máis especiais.

Macarena García nunha das praias de Vigo | @MACARENAGARCIAOFICIAL

O entorno conserva un marcado carácter residencial. Non abundan os grandes complexos turísticos nin os paseos marítimos masificados e predominan as vivendas unifamiliares, a vexetación atlánctica e os camiños que discorren xunto ao mar. Ademais da propia praia, os visitantes poden acceder facilmente a outros areais da contorna como Samil, O Vao ou Saiáns, e percorrer tramos do litoral vigués a través de paseos con vistas ao Atlántico.

A praia de Canido | CONCELLO DE VIGO

A ligazón de Macarena García e Javier Ambrossi con esta zona non é recente. Ambos conservaron ao longo dos anos a tradición de pasar aquí parte das súas vacacións estivais, unha costume familiar que forma parte dos seus recordos de infancia e que segue plenamente vixente, tal e como sinalaron en reiteradas ocasións publicamente.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.