Viveiro mobilízase contra as largas esperas médicas e a escaseza de persoal sanitario

As organizacións demandan a precariedade e a falta de profesionais médicos, o que provoca o retraso na adxudicación de citas
Concentración Viveiro
Imaxe da concentración frente ao Centro de Saúde de Viveiro | Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña

Centros de persoas saíron ás rúas de Viveiro este luns con motivo do Día Mundial da Atención Primaria para denunciar o deterioro da sanidade pública na localidade e esixir solucións urxentes. A protesta, convocada pola plataforma SOS Sanidade Pública xunto coa Plataforma Sanitaria da Mariña, reuniu a cidadáns que quixeron visibilizar os problemas que afectan desde hai anos ao sistema sanitario da zona.

Desde a organización xustifican a elección do Centro de Saúde de Viveiro como escenario da mobilización ao considerar que o seu centro de saúde arrastra carencias estruturais desde hai tempo. Entre elas, destaca a falta de profesionais, xa que desde 2020 só conta cunha pediatra en lugar das dúas previstas, e cun cadro de médicos de familia que, no mellor dos casos, apenas acada a metade do necesario. Esta situación provoca, segundo denuncian, demoras que poden superar amplamente os prazos recomendados, con esperas de varias semanas para conseguir unha cita.

Condicións precarias que atentan contra o paciente

Advirten de que estas deficiencias non só afectan á atención directa aos pacientes, senón que tamén repercuten no conxunto do sistema sanitario. Sinalan que o atraso nas consultas pode agravar enfermidades pola falta de seguimento, ademais de xerar unha sobrecarga no persoal e contribuír ao colapso doutros niveis asistenciais.

Durante a concentración, os asistentes portaron pancartas en defensa dunha sanidade pública “digna, próxima e de calidade”, reclamando medidas concretas á Xunta e á Consellería de Sanidade. Entre as súas principais demandas figura destinar o 25 % do orzamento sanitario á Atención Primaria, garantir a cobertura total dos cadros de persoal —tanto sanitarios como administrativos— e reforzar as categorías profesionais con maior déficit.

Necesidade de novas estratexias

Así mesmo, as plataformas propoñen impulsar estratexias de saúde comunitaria, prestar maior atención á saúde mental e á poboación maior, e mellorar a formación do persoal sanitario. Tamén critican o recurso excesivo á ‘medicalización’ como consecuencia da falta de medios e do atraso na atención.

Desde a organización responsabilizan aos xestores sanitarios da situación actual, acusándoos de ter debilitado progresivamente a Atención Primaria, o que, aseguran, está a ter consecuencias directas na calidade do servizo e na saúde da poboación.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.