Pontedeume únese a unha rede europea de concellos implicados na loita contra o cambio climático

Con esta adheisón o Concello poderá acceder a axudas e subvencións para realizar accións e estudos específicos, como inventarios de emisións ou coñecer as súas vulnerabilidades medioambientais
dscf0440

O Concello de Pontedeume presentou no pleno municipal de onte a súa adhesión ao ‘Pacto de Alcaldes polo clima e a enerxía sostible’. O Pacto de Alcaldes é unha iniciativa de ámbito europeo que ten o obxectivo de lograr a implicación das entidades municipais na reducción de emisións de CO2, mellorar o uso de fontes de enerxía renovable e acadar a implantación de medidas de adaptación ante o cambio climático.

Este primeiro paso permitirirá ao concello acceder a axudas e subvencións para a realización de accións e estudos específicos, e así poder elaborar inventarios de emisións, coñecer as vulnerabilidades concretas da contorna e saber qué medidas adoptar para reducir e limitar o impacto do cambio climático.

“Queremos dar os pasos necesarios para coñecer a situación actual e tomar as medidas necesarias ante as consecuencias que provocará o cambio climático no noso tecido produtivo, social e económico”, sostén a concelleira Yolanda Vázquez.

Este primeiro paso se traduce na adhesión a este pacto e o acceso a subvencións para realizar os plans de estudo, accións e mitigación, unhas partidas que o concello xa solicitou, polo que está á espera da súa resolución para empezar a traballar neste eido.

Cerdido

Esta mesma semana outro dos concellos que tamén se sumou a este pacto foi o de Cerdido. O alcalde de Benigno Galego manifestou que “todos temos algo que facer e no ámbito da administración local deseñando estratexias para reducir esas emisións en función das nosas competencias”. O Concello fará un inventario de referencia de emisións (IRE) para facer o seguimento da súa efectividade das accións de mitigación e unha avaliación de riscos e vulnerabilidades ante o cambio climático .

O Concello de Cerdido «deberá concentrar os seus esforzos en reducir a demanda de enerxía nos seus
territorios e adaptar a demanda enerxética á oferta promovendo a utilización de recursos enerxéticos», explicaron desde o goberno local.

PUBLICIDAD
PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.