A campaña de doazón de sangue chegará o vindeiro luns a Cabanas

Un autobús de ADOS estará situado no aparcadoiro fronte á farmacia, nas inmediacións da Oficina de Turismo, entre as 10.00 e as 14.30 horas
ados cabanas

O Concello de Cabanas terá dispoñible para a veciñanza que o desexe un autobús da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue -ADOS- , o cal se desprazará a Cabanas o vindeiro luns, 14 de setembro, en horario de 10.00 a 14.30 horas. O vehículo estará situado no aparcadoiro fronte á farmacia, nas inmediacións da Oficina de Turismo.

Requirimentos

As persoas que queiran doar sangue deben solicitar cita previa chamando ao teléfono gratuíto 900 100 828. É preciso ter máis de 18 anos, pesar máis de 50 quilos e acudir co almorzo feito. Así mesmo, tamén se require a presentación do DNI, a tarxeta de doazón ou un documento identificativo semellante.

Unha acción fundamental

Cada día os hospitais galegos precisan entre 400 e 500 doazóns de sangue para atender unha media de 2.800 urxencias, 575 intervencións cirúrxicas e 1 transplante de órganos, polo que a colaboración é fundamental para acadar as doazóns diarias precisas para axudar a milleiros de doentes.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.