O Concello de As Pontes inviste 58.600 euros na mellora de camiños municipais

Estes días comezaron as obras do vial que une Pontoibo con Marraxón
Marraxón 3

O Concello das Pontes continúa coas obras de mellora dos camiños municipais co inicio das obras do vial que une Pontoibo con Marraxón para dotalo da calidade estrutural, comodidade e seguridade necesarias neste tipo de estradas. Os traballos que se están acomentendo permitirán a ampliación da plataforma en 50 centímetros dentro da zona de dominio público mediante a compactación dunha capa de zahorra artificial e unha capa de hormigón bituminoso de 6 centímetros.

O proxecto, que forma parte do Plan marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2020-2021, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), ao abeiro do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, tamén permitiu a rehabilitación dos viarios en Terbá e o Cornocelo, obras con orzamento conxunto de 58.617 euros

En Terbá, estendeuse unha nova capa de rodadura de formigón bituminoso mentres que no vial do Cornocelo procedeuse á mellora do firme coa reparación dos baches existentes e a execución dun primer rego semiprofundo e un dobre tratamento superficial con grava, continuando co mesmo tipo de afirmado existente na actualidade.

Nos tres viarios realizáronse actuacións de varrido de superficie e limpeza de marxes. Procedeuse ademais á limpeza das cunetas e á eliminación de vexetación así como ao fresado firme existente para realizar correctamente o entroncamento coas estradas existentes. Todas as actuacións complétanse coa sinalización horizontal e vertical dos viarios.

 

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.