O Concello de Cabanas comezará este xoves co trampeo primaveral contra a praga da vespa velutina. Nunha primeira fase instalaranse sesenta trampas distribuídas por todo o territorio do concello, cuxa ubicación vén determinada polas zonas que resultaron máis afectadas polos niños de velutina durante o pasado 2019.
“O trampeo está a ser a fórmula máis efectiva para ter controlada esta praga, coa redución de máis do 50% dos niños desde o 2017”, sinalou Eva García, concelleira de servizos, quen tamén adiantou que o concello “controlará as raíñas capturadas e irá repondo do atraínte de forma periódica para garantir a efectividade das trampas”.
Desde o Concello de Cabanas anímase á veciñanza a sumarse á rutina de colocar trampas caseiras nas inmediacións das vivendas como método para evitar a proliferación dos niños nas zonas habitadas.
Discussion about this post